
Pasaporte do Rural
Unha Galicia para descubrir visita a visita
Cal será o próximo selo no teu pasaporte?
Turista Dixital é unha aplicación de turismo sostible para percorrer e descubrir o rural de Galicia sen présas nin masificacións. Lévate a descubrir o menos coñecido, con lugares escollidos un a un, e podes facerlle consultas sen interromper a visita. Dende as pegadas dos ancestros ata o solpor nunha praia, dende as fervenzas ata os faros, cada visita queda no teu pasaporte para recordar as túas viaxes.
Como funciona
01Consegue o teu pasaporte
Entra como visitante e recibe o teu pasaporte dixital do rural.
02Escolle unha ruta
Os muíños xunto ao río, os pazos centenarios, a costa e a súa historia, entre outros. Hai unha ruta para cada momento.

Estás aquí
03Sela cada parada
Visita tódolos lugares. Ao chegar, valídase a túa visita e o pasaporte recibe o seu selo correspondente.
- Completada04
Completa a ruta
Ao selar a última parada, a ruta complétase e gaña o seu propio selo no teu pasaporte.
Así se ve o teu pasaporte a medida que vas descubrindo os segredos do rural.
Galicia
Lugares e eventos
Selos que se logran cunha soa visita
Galicia
Rutas
Visita todas as paradas para selar a ruta
Rutas para comezar
Ver todas as rutasMoito máis ca paisaxe
Máis alá da postal agardan un sinfín de vivencias por descubrir.
O rural combina unha historia milenaria cunha aposta pola sustentabilidade e a calma, e ten unha personalidade única.
- Patrimonio
- Paisaxe e natureza
- Cultura e tradición
- Gastronomía
- Experiencias
O teu guía en cada parada
Un asistente que che conta máis de cada lugar cando o visitas.
- Consultas para ampliar a información de cada lugar
- Tamén podes facerllo falando, sen escribir
- Respostas multilingües, con información real do propio lugar

O teu pasaporte ten moitas páxinas por encher
Entras como visitante, sen nome nin contrasinal. É só unha demostración.








